Organización no San Mateo

Redacción-Monforte

Este xoves reuníronse na casa do concello os integrantes da Mesa Técnica da Xunta de Seguridade coa finalidade de organizar o operativo para a romaría do San Mateo. Á xuntanza asistiron representantes das policías nacional e local, da garda civil, de protección civil, dos bombeiros e do GRUMIR, así como a tenente de alcalde, o concelleiro de medio ambiente e un membro da comisión organizadora da festa. Un dos asuntos sobre os que se fixo especial incidencia foi o da total prohibición de facer lume. Tamén se confirmou que, durante toda a xornada, patrullas das forzas de seguridade percorrerán o campo da festa e os terreos adxacentes. En canto á circulación de vehículos establecerase, como todos os anos, un dispositivo especial de tráfico para regular o acceso á romaría do San Mateo. O acceso aos campos onde se celebra a romaría realizarase exclusivamente por Ribasaltas, mentres que a saída da mesma só se poderá facer pola estrada do canal. Ademais, na zona comprendida entre a ponte e a primeira pista a man esquerda estará prohibido estacionar nas marxes da calzada. O dispositivo tamén contará con controis de alcoholemia. Por outra banda, os membros de protección civil e do GRUMIR colaborarán nos dispositivos de tráfico e seguridade postos en marcha.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Defensa da área sanitaria monfortina

Seguinte Nova

Emprendedoras

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: