Rematan as obra do Club Náutico de Doade

As obras realizadas permitirán unha maior funcionalidade das instalacións e tamén a mellora dos accesos

Redacción- Monforte

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, xunto ao delegado de Cultura e Turismo, Mario Outeiro, desprazáronse hai uns días ata as instalacións do Club Náutico de Doade, no concello de Sober, para comprobar o estado final das obras executadas nesta instalación dependente da Deputación, unha vez que remataron e a obra foi entregada.

Os responsables provinciais e locais, nun momento da visita aos exteriores do embarcadoiro de Doade. EC

As obras realizadas, que afectaron ao conxunto do edificio, permitiron mellorar tanto a accesibilidade dos visitantes, como a funcionalidade de uso do propio edificio para o persoal que o empregue. Mario Outeiro indicou que se trata dunha actuación necesaria “porque son unhas instalacións que presentaban un claro avellentamento, polo que isto permitiu mellorar conxuntamente ademais do seu aspecto xeral interior e exterior outras cuestións de carácter máis social como a eliminación de barreiras arquitectónicas e a mellora na varanda do balcón”.

Un momento da visita institucional ao interior do Clube Náutico de Doade. EC.

As obras realizadas dende a Área de Cultura e Turismo da Deputación contemplaron unha remodelación en diferentes aspectos do Club Náutico de Doade, que comezaron pola supresión das barreiras arquitectónicas existentes nos accesos ao propio edificio, a adaptación da cociña e aseos segundo as necesidades de prestacións que se requiren para instalacións deste tipo, así como, na planta baixa do edificio, independizar os espazos de instalacións e almacenaxe de barcos e bar, creando unha área de servizo para os usuarios das embarcacións. Do mesmo xeito, realizouse un repaso xeral da cuberta do edificio, así como o seu pintado exterior e interior e a mellora da varanda exterior do balcón, reforzando este elemento de seguridade.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Emprendedoras

Seguinte Nova

O Programa Galego de Municipios Saudables e Sostibles trae a Sarria unha iniciativa pioneira en España

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: