Vendima na Ribeira Sacra

Redacción – Chantada

Chantada, Amandi e Quiroga Bibei foron as subzonas máis madrugadoras no inicio da vendima na Ribeira Sacra. Este xoves o 15 de setembro a recolleita da uva daba pistoletazo oficial de saída, a pesar de que varias adegas levaban xa días introducindo froito baixo permisos puntuais e motivadas polo bo grao de maduración co que conta o produto. O comezo fixado polo Consello Regulador fixouse unha semana antes que na pasada campaña, e segundo indican dende Ribeira Sacra as condicións que presenta a uva son excepcionais e todo parece indicar que “ será unha gran campaña para a Denominación”· Este ano elaborarán viño ao amparo da D.O. 92 adegas e encargaranse de vixiar o proceso 16 veedores, ademáis dos técnicos propios do C.R.D.O.R.S. e da Directora Técnica. Dende o pasado 1 de setembro ata o día 14 levábanse recollido máis de 300.000 quilos de uva.

Esta colleita destaca polo considerable aumento na cantidade de uva. EC.

A xulgar polos primeiros comentarios dalgúns viticultores o volume da colleita será este ano moi considerable, cando menos superando con creces á produción da pasada campaña. Tamén algúns expertos a nivel estatal teñen destacado que en toda Galicia, en contraposición cou outras zonas produtoras de España, se está a observar unha gran colleita en cantidade. Polo xeral o estado sanitario é bo e a uva, xa que onde houbo ataques de mildeu perdeuse parte da colleita, pero a restante presentaría boas condicións.

PREMIADOS NA III CATA DOS VIÑOS DE GALICIA

E grazas ao proceso de elaboración dos caldos de Ribeira Sacra que comeza precisamente na vendima, os viños deste territorio continúan o seu proceso de promoción axudados polos recoñecementos coma o que a vixésimo terceira Cata dos Viños de Galicia ven den conceder dentro de cada D.O. galega. No caso de Ribeira Sacra o Acio de Ouro foi para Rectoral de Amandi, o de Prata para Regina Viarum e o de Bobronce para o mencía Casa Moreiras.

VISITA DO CONSELLEIRO Á ADEGA GUÍMARO

O conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, visitou recentemente a adega Guímaro, de Sober, pertencente á Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Na súa visita, Juárez destacou a importancia de investir en tecnoloxía como fórmula para mellorar a competitividade nas explotacións vinculadas ao eido vitivinícola, como é o caso desta adega soberina. Entre as novas ferramentas de traballo cabe salientar un cabezal etiquetador. Ademais amplíase a capacidade de elaboración, logo da adquisición dunha cuba e de barricas, que permitirán mellorar a calidade do viño en madeira. Os investimentos para potenciar estas melloras supera os 34.000 euros, subvencionados nun 30% por Medio Rural.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A investigadora monfortina Manuela Sáez coordina un congreso da época do Virreinato en Nápoles

Seguinte Nova

O monfortino Rober Rodríguez expón no Círculo Saviñao

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss