
O pavillón da Pinguela, en Monforte de Lemos, acolleu a presentación e primeira toma de contacto do equipo de volei da AD A Pinguela. Tralo descanso vacacional, xogadoras (ainda que non o equipo ao completo) e adestrador, compartiron uns minutos de conversa e primeiros adestramentos. Dende ese día, os adestramentos teñen lugar no pavillón do Río Cabe, debido ás importantes obras de mellora da instalación municipal, que se ben suporán un importante quebranto nesta pretemporada, ao final suporán tamén unha gran mellora nas condicións de adestramento e xogo do clube. Xa ao longo dos días iránse incorporando o resto de novas fichaxes que conformarán a plantilla definitiva do equipo de cara a esta temporada 2011/2012.