Deportistas de Prodeme triunfan en Barcelona

A delegación de Special Olympics Galicia que viaxou a Barcelona, chegou o pasado domingo 25 ao aeroporto de Santiago de Compostela tras acadar o premio á deportividade (Fair play) e un terceiro posto no II Trofeo Internacional Fútbol Sala Barcelona 2011, organizado por Acell e Special Olympics.

Entre os integrantes da delegación galega de Special Olympics Galicia destacan catro deportistas da asociación PRODEME de Monforte de Lemos: Juan Mirón Rúa, Diego Pérez Creo, Macario Pombo Vide e Francisco Javier Carneiro Nogueiras. Os deportistas galegos competiron en Barcelona durante os días 24 e 25 de setembro con outros equipos de España e tamén de Europa. O trofeo enmarcouse no festival da cidade de Barcelona, a Merced, e o sábado 24, o alcalde da cidade, Xavier Trias, recibiu no Concello a dous deportisas e varios delegados da competición. Special Olympics é un movemento internacional líder no deporte para persoas con discapacidade intelectual que traballa pola promoción e inclusión social.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O polígono de Chantada, listo en outubro

Seguinte Nova

Comeza a pretemporada no equipo de voley monfortino

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss