Dous rapaces do ximnasio Neka de Monforte (da Selección Galega), participarán no campionato de España de técnica de taekwondo. Un evento que se celebrará o vindeiro 12 de novembro en Alicante. Trátase de Allan Guagua, de 15 anos; e Samuel López Timiraos, de 12 anos (que participan nas categorías de cadete e infantil). É de destacar que dos 19 seleccionados de toda Galicia, dous son os rapaces deste ximnasio monfortino, que consiguen por primeira vez entrar na Selección Galega de Técnica. Ademais, tamén se trata da primeira vez que son seleccionados para participar nun campionato de España de Técnica. Mentres non chega a data do campionto, os deportistas xa tiveron algún adestrametno coa Selección Galega. O próximo será o 22 de outubro.
Últimas noticias sobre DEPORTES
O equipo infantil masculino do Val de Lemos vén de proclamarse campión provincial logo de derrotar
O camiño ata Corea foi longo e custoso para os deportistas do Neka de Monforte, per
• A Vicepresidencia da Deputación financiou a viaxe a Corea dos deportistas do Neka Monforte Non
O Club Korbis volveuno facer por enésima vez. Esta vez conseguiron un dobre campionato galego. Os
• As rúas da cidade acolleron a que é unha das probas deportivas máis importantes das