Do ximnasio Neka de Monforte a un campionato nacional

Dous rapaces do ximnasio Neka de Monforte (da Selección Galega), participarán no campionato de España de técnica de taekwondo. Un evento que se celebrará o vindeiro 12 de novembro en Alicante. Trátase de Allan Guagua, de 15 anos; e Samuel López Timiraos, de 12 anos (que participan nas categorías de cadete e infantil). É de destacar que dos 19 seleccionados de toda Galicia, dous son os rapaces deste ximnasio monfortino, que consiguen por primeira vez entrar na Selección Galega de Técnica. Ademais, tamén se trata da primeira vez que son seleccionados para participar nun campionato de España de Técnica. Mentres non chega a data do campionto, os deportistas xa tiveron algún adestrametno coa Selección Galega. O próximo será o 22 de outubro.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Primeiros cinturóns negros 1º DAN de karate para deportistas dun clube chantadino

Seguinte Nova

O 3 de outubro comeza en Monforte unha liga de padel

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: