A asociación LugoPatrimonio denunciaba nos pasados días a actuación da empresa eléctrica Iberdrola que na ponte medieval de Labrada, “situada nunha paraxe fermosísima na ribeira do concello de Quiroga”, construíu un caseto sobre unha estrutura da ponte para instalar no seu interior unha estación hidrolóxica, que, segundo o colectivo “constitúe un atentado, non só á súa singularidade constructiva, senón tamén á estética”. Pero a denuncia vai non só neste senso, senón que, tal e como afirma Lois Diéguez, presidente de LugoPatrimonio, sospeita que a obra non conta coa aprobación da dirección xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura e Turismo.
A denuncia foi remitida á Xefatura Territorial desta Consellaría co fin de que indique si tal obra foi realizada co correspondente permiso, e en caso afirmativo que se diga en base a que disposición legal se autorizou a construción e si se adapta a obra feita ao proxecto presentado. LugoPatrimonio ten entre os obxectivos primordiais a defensa do Patrimonio material e inmaterial no seu sentido máis amplo e dentro do territorio da provincia de Lugo”.