Máis facilidades para os agricultores mozos e primeiras instalacións agrarias

O conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, entre outros, durante a súa visita a Pantón. CMR

O conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, aproveitou a súa visita ao Centro de Recría de Xovencas Frontón SAT, no concello de Pantón, hai uns días, para anunciar que a Consellería do Medio Rural aprobará ao longo de este ano máis de 46 millóns de euros en apoio a primeiras instalacións agrarias, destinadas á incorporación de agricultores mozos; así como á modernización e á mellora das estruturas das explotacións agrarias galegas. En relación a isto, dende a consellería xa se efectuaron os primeiros pagos por un importe de case 32.000.000 de euros, tendo en marcha a aprobación de 15 millóns de euros máis para os novos proxectos presentados no 2011. Juárez explicou que entre os obxectivos desta liña de apoio están os de tentar evitar o abandono das explotacións mellorando a súa dimensión e mantendo a actividade; así como mellorar a estrutura produtiva das explotacións galegas. Cómpre destacar que as axudas son executadas pola consellería a través do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia, financiado co fondo europeo FEADER.

Na súa visita, o conselleiro estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o director xeral de Produción Agropecuaria, José Álvarez Robledo, e o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, entre outros. Centro de Recría de Xovencas Frontón SAT Frontón é unha Sociedade Agraria de Transformación (SAT) que naceu coa finalidade de cubrir a demanda de recría de xovencas en Galicia. Con este centro existe, por parte de Medio Rural, unha importante colaboración que se plasmou en diversas axudas nos últimos anos por un importe total que supera os 340.000 euros. Na súa visita, Samuel Juárez percorreu as instalacións desta SAT, nas que se poden criar anualmente ata 700 xovencas, dende os 21 días ata os 22 meses de idade. Os animais organízanse por grupos atendendo á súa idade, condición corporal e estado fisiolóxico, o que permite cubrir con eficiencia as súas necesidades alimenticias, sanitarias e ambientais.

Recría profesional

O conselleiro non deixou pasar a oportunidade para lembrar que dende o seu departamento apoian a recría profesional de xovencas achegando ata o 50% dos investimentos a aquelas explotacións privadas nas que se xuntan animais de diferentes granxas para a recría, volvendo despois ás respectivas explotacións de orixe. Neste senso é de destacar que na comunidade galega existen actualmente 25 explotacións de recría de xovencas. Ademais, a cría profesional de gando vacún permite aos gandeiros a optimización dos seus esforzos na produción de leite.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Actividades no Concello de Pantón para este curso

Seguinte Nova

Monforte, no consorcio provincial de bombeiros en 2012

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

   
A %d blogueros les gusta esto: