O 3 de outubro comeza en Monforte unha liga de padel

A Agrupación Deportiva Sociedade Río Cabe de Monforte acaba de poñer en marcha a primeira Liga Padel Río Cabe. A liga disputarase de luns a venres dende o mes de setembro ata o vindeiro mes de marzo, e constará de torneo de apertura e torneo de clausura. Ademais, as parellas que disputen a liga terán o 50% de desconto no torneo especial de inverno que se disputará na última quincena de decembro. O prezo é de 4 euros por partida para as parellas de socios, 6 euros os conveniados e 8 euros os non socios. Pola súa parte, a organización incluirá bolas para a disputa dos partidos, así como as palas no caso de ser necesario. Dende a organización tamén sinalaron que se facilitará a participación de todo o mundo a nivel de horarios. A liga dará comezo o vindeiro 3 de outubro.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Do ximnasio Neka de Monforte a un campionato nacional

Seguinte Nova

Música e literatura, xuntas nunha exposición en Sober

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss