O Concello de Sober iniciará unha campaña de compostaxe

Unha das preocupacións manifestas do alcalde de Sober é o coidado do medio ambiente. Ante isto, foron xa varias as actuacións postas en marcha no municipio, coa intención de mellorar nesta área. Unha das medidas, en colaboración coa Sociedade Galega de Medio Ambiente, consiste nun plan de compostaxe doméstica, para o que se pediu a colaboración dos veciños. Con esta medida o concello aforrará quilos na recollida de lixo convencional e os veciños poderán obter un bó fertilizante de forma gratuita. A compostaxe doméstica consiste na reciclaxe en orixe da materia orgánica, converténdoa nun abono natural con boas propiedades para o solo, e que o propio produtor pode utilizar na súa viña, horta, xardín e terras de cultivo, en substitución dos fertilizantes artificiais. Para isto, o Concello encargarase de distribuir os composteiros de valde entre os interesados. A maiores disto, o Concello de Sober xa distribuiu 25 novos colectores amarelos para a recollida selectiva. Unha medida coa que se pretende que o lixo se separe correctamente, á vez que se aforran quilos de lixo no colcector verde convencional. Os colectores foron distribuidos na capital municipal e en diversos lugares das diferentes parroquias. Asimesmo, foron reubicados diferentes colectores de papel e vidro co fin dun maior rendemento. Nos últimos días tamen se instalaron algúns novos de cor verde en lugares onde non existían ou onde estaban deteriorados, ao tempo que foron cambiados por outros de maior capacidade os que dende o servizo municipal de limpeza se creeu necesario.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Comeza o curso na Escola de Música de Sober

Seguinte Nova

Recuperar o patrimonio histórico en Sober

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: