O outono trae actividade a Quiroga

Ludoteca e piscina ou creación de videoxogos e webs entre outras iniciativas

A aula Cemit de Quiroga, á esquerda, e a Casa de Cultura e Biblioteca serán o escenario destas actividades de inverno EC

A aula CeMIT do concello de Quiroga xunto coas de Chantada e Monforte de Lemos e Sarria serán a sede dunha nova quenda de cursos gratuítos relacionados co sector multimedia e audiovisual. A través deste tipo de cursos, que combinan a modalidade presencial e on-line, os interesados poderán formarse en todo o relacionado coa creación de videoxogos, o desenvolvemento de webs para móbiles ou o streaming de audio e vídeo. Os interesados poden reservar a súa praza a través da web, www.cemit.xunta.es, ou do número de teléfono, 902 222 321. A Xunta de Galicia puxo en marcha o Programa de Formación 2011 da Rede de Centros para a Modernizacón e Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT).

Ludoteca e Piscina

Dende a Área de Educación do Concello de Quiroga, ofértase de novo o servizo de Ludoteca municipal, de setembro a xuño, e o curso de natación para o trimestre de outubro a decembro. A Ludoteca terá lugar os martes e os xoves de cada semana. As clases impartiranse na aula da ludoteca, baixo da Casa de Cultura, con distintos horarios para os rapaces de 3 a 12 en distintos segundo as franxas de idade.

Por outra parte, o curso de natación que se desenvolve coma os últimos anos na casa piscina cuberta de Monforte poden participar os nenos e nenas en idade escolar. O custo tanto da ludoteca como da piscina é de 10 euros por mes para os rapaces empadroados no municipio. Para inscribirse nestas duas actividades subvencionadas pola Deputación o o Concello, as persoas interesadas deben dirixirse á Casa de Cultura.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

LugoPatrimonio protexe a ponte de Labrada en Quiroga

Seguinte Nova

Monforte de Lemos, protagonista cultural en Nápoles

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss