Primeiros cinturóns negros 1º DAN de karate para deportistas dun clube chantadino

Por primeira vez en Chantada e comarca, catro alumnos do clube Chantada Karate Club veñen de conseguir o cinturón negro 1º DAN de karate. Trátase de Luís López López de 31 anos e natural de Lama de Fente (Carballedo); Alba Pérez Iglesias de 16 anos e natural de Beascos (Carballedo); Iosu González González de 16 anos e natural de Sta. Mariña de Castro (tamén Carballedo); e Enrique Álvarez de 50 anos e natural de Oviedo, residente en Monforte. Os catro deportistas do Chantada Karate Club, presentáronse ao exámen de graos o pasado 18 de setembro nas instalacions deportivas de Pontepedriña -en Santiago de Compostela-, onde se deron cita outros 76 aspirantes a cinturón negro 1º e 2º DAN, de toda a comunidade galega.

Luís, Alba, Iñaki, Iosu e Enrique. CKC

Para o clube, este era o obxectivo co cal se comezou a temporada 2010-11 (que xa está rematada). A consecución dos primeiros cinturóns negros de karate no clube supón o recoñecemento a seis anos de duro adestramento e traballo, tanto dos rapaces como do instructor, que día tras día fixo posible a consecución deste logro. En palabras textuais dos responsables do clube, “atrás quedan xa seis anos dende que se iniciou o Chantada Karate Club como tal, e foron moitos os que, ben por influenza das películas yanquis, por temas persoais, ou ben por acadar una boa forma física, comezaron na práctica do karate; pero non é doado, nada doado, e só os que teñen unha vontade de ferro, son os que consiguen o premio”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Comeza a pretemporada no equipo de voley monfortino

Seguinte Nova

Do ximnasio Neka de Monforte a un campionato nacional

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: