Aposta polas novas tecnoloxías aplicadas ao comercio

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, durante a presentación da plataforma das empresarias lucenses. DTXL.

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, asistiu á presentación da plataforma E-deidades, unha iniciativa dixital que posibilita ás empresarias lucenses contar cunha proxección dos seus negocios no exterior. Durante a súa intervención, Arias destacou a eficacia do traballo conxunto desenvolvido entre as administracións (Xunta de Galicia, Deputación Provincial e Concello de Lugo) e a Asociación de Mulleres Empresarias para culminar este proxecto, no que o Goberno galego inviste preto de 15.000 euros.

FOMENTO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS PARA EMPRESARIOS E CIDADÁNS

Raquel Arias subliñou a importancia de que as empresas galegas estean na rede para fomentar a súa internacionalización, e tamén o feito de que toda a poboación conte cun acceso de calidade a internet. Neste sentido, a delegada lembrou o traballo da Xunta na posta en marcha de diversas ferramentas informáticas destinadas aos emprendedores, como o Portal do Comerciante Galego, de recente creación, chamado a ser un instrumento de modernización e ordenación do comercio local. Asimesmo, Arias definiu a rede Redic como “un nexo de unión permanente entre os comerciantes, as súas organizacións representativas e a administración”, asegurou a delegada. Por outra parte, o portal Exportgalicia.com serve de axuda a tódolos empresarios para favorecer a súa presenza no exterior. En relación ao acceso dos cidadáns a internet, Arias lembrou que o Plan de Banda Larga logrou duplicar as taxas de cobertura de internet na provincia en apenas un ano, “pasando dun escaso 35% de lugueses que podían acceder á rede en boas condicións ao 75% actual”, co obxectivo de chegar á totalidade da poboación.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte de Lemos, protagonista cultural en Nápoles

Seguinte Nova

Sarria falou sobre saúde ambiental

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: