Arranca a campaña da vacina antigripal con 141 puntos de atención en Lugo

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, presentou os pormenores do desenvolvemento da campaña anual de vacinación fronte a gripe e o pneumococo na provincia de Lugo, onde se disporán 141 puntos de vacinación: 83 en centros de saúde e 58 noutro tipo de institucións. Ademais de centros hospitalarios e consultas médicas, a campaña lévase a cabo en residencias e centros para a terceira idade de titularidade pública ou privada; unidades asistenciais de drogodependencias; centros penitenciarios, e centros de atención a discapacitados.

As principais novidades introducidas este ano refírense basicamente a “melloras loxísticas para os profesionais”. Igualmente, consolídanse as melloras introducidas o pasado ano. Por un lado, a ampliación do tramo de idade da poboación diana a todas as persoas de 60 anos ou máis –a idade mínima ata entón estaba fixada en 65 anos-; e por outro, na poboación de 75 ou máis anos e nos ingresados en residencias aplicarase unha vacina adxuvada, que ten maior poder inmunóxeno. O pasado ano na provincia administrouse a vacina antigripal a 75.308 persoas e a vacina antipneumocócica a 3.004 usuarios.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

650 telespectadores máis de Samos e Sarria acceden a toda a oferta da TDT

Seguinte Nova

Vendima e regularización dos Viñedos na Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss