O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, e o delegado de Cultura e Turismo, Mario Outeiro, mantiveron hai uns días unha xuntanza no Pazo de Tor con representantes de asociacións culturais e deportivas da zona sur de Lugo, co obxectivo de compartir cos representantes destes colectivos as propostas de traballo e as liñas de actuación que se pretende poñer en marcha para o vindeiro exercizo, dende as áreas de Cultura e Deporte da Deputación. Outro dos obxectivos foi o de que as asociacións culturais e deportivas trasladaran ao vicepresidente e ao delegado de Cultura e Turismo as súas propostas e preocupacións, a fin de darlles solución.