A investigadora monfortina Manuela Sáez coordina a celebración na cidade italiana dun congreso conmemorativo sobre un importante círculo intelectual promovido polo VII Conde de Lemos e Virrei de Nápoles
Monforte de Lemos protagonizou a finais de setembro unha importante cita coa historia e a cultura da cidade italiana de Nápoles. Entre os días 28 e 30 de setembro, celebrouse na capital da rexión de Campania un congreso conmemorativo do IV Centenario da Academia Napolitana dos Ociosos, coordinado pola investigadora monfortina e doctora en Historia da Arte Manuela Sáez. Este evento, que se desenvolveu na capela do Palacio do Real Monte Manso di Scala, está promovido por esta importante institución cultural napolitana para homenaxear á figura de Giovanni Battista Manso, marqués de Villa. Este noble fundou este singular círculo cultural grazas ao apoio e colaboración de don Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos e Virrei de Nápoles.
NOBLES DE GRAN NIVEL CULTURAL
Según a doctora Manuela Sáez, o marqués de Villa, fundador da Academia dos Ociosos, era amigo de importantes literatos que se encontraban en Nápoles, como Francesco de Pietri, Giulio Cesare Capaccio, Giovanni Battista della Porta, e Giambattista Basile, e compartía con eles a súa adicación á escritura. Manuela Sáez, gran coñecedora da figura do VII Conde de Lemos, destaca a importancia do mecenazgo de don Pedro e a súa inquedanza cultural para a consolidación desta Academia, ata o punto de asistiren el mesmo ás reunións, sempre que as súas ocupacións llo permitían. As personalidades que integraban esta Academia dos Ociosos eran, según a doctora Sáez, nobles de gran nivel cultural, que recibiran formación nas máis prestixiosas universidades da época, seguindo o principio de que as letras e as armas dignificaban a nobleza.
O VII CONDE DE LEMOS, PROMOTOR CULTURAL
A figura de don Pedro Fernández de Castro ten luz propia no horizonte cultural do século XVII. Según apunta Manuela Sáez, estivo vinculado aos grandes literatos da época, xa que Lope de Vega exerceu como secretario seu cando foi marqués de Sarria, Miguel de Cervantes adicou a don Pedro varias obras e Góngora visitouno en Monforte. Asimesmo, exerceu como gran promotor de obras arquitectónicas, e interesouse pola pintura e a escultura. Segundo Sáez, “don Pedro era o noble máis importante de Galicia, e un dos máis prestixiosos de España, polo que a súa estancia en Monforte lle daba un gran prestixio á cidade”.