Os organizadores das festas do San Xoán en Sarria recuperan as corridas de touros para o ano que ven

O Concello de Sarria recuperará de novo as corridas de touros para as festas do San Xoán do vindeio ano. Así o confirmou o concelleiro de Xuventude, Manuel Sangil, que xunto coa asociación de xóvenes local Xaora, está a traballar na programación do ano que ven. “O cartel dos touros de cara ao ano que ven xa está pechado. Así que contaremos coa presenza de Víctor Janeiro, Marc Serrano, que é un toureiro fránces que ven de triunfar xa nas prazas de touros máis grandes de España; e Callejón, un xinete (“rejoneador”) que xa triunfou tamén en Sarria hai tres anos e conta cunha das mellores cuadrillas de España. Por suposto tamén haberá solta de vaquillas ao final, como na edición de hai dous anos”.

Última corrida de touros celebrada en Sarria durante o San Xoán. Arquivo EC

Pero isto non é todo; o responsable da área de Xuventude tamén adiantou que no ámbito musical teñen contratadas xa a dúas das mellores orquestras do panorama musical galego, como son a Olympus e a Panorama. “E despois a maiores vamos a ter un concerto, que ainda estamos negociando, con grupos musicais españois de primeiro nivel, e que tentaremos pechar nos vindeiros días”. Cunha programación así non sería de extrañar que as festas do San Xoán 2012 abarcaran máis días. Sen embargo, será todo o contrario, e é que segundo apuntou Sangil “o ano que ven vánse a reducir os días; en vez de ser cinco como ata o de agora, serán catro días porque coinciden as datas bastante ben, así que desenvolveranse durante o venres 22, o sábado 23, domingo 24 e luns 25 de xuño. Destacar que a corrida de touros será o domingo 24, mentres que a actuación grande que estamos a piques de pechar terá lugar o luns 25”.

Un programa ambicioso

O concelleiro de Xuventude destacou que sen ningunha dúbida están a elaborar un programa ambicioso. “Dende a asociación están traballando moito, ademais están facendo unha chea de actividades para conseguir financiación, están vendendo lotería de nadal, van facer tamén varios certames para sacar máis diñeiro; vamos, que estes oito rapaces do pobo que conforman a asociación están esforzándose moito”.

Beatriz Trapote na elección da Raíña das Festas

Por se todo isto fora pouco, no mes de maio tamén se vai a recuperar a celebración do certame de Raíña das Festas, un evento para o que xa está contratada oficialmente como presentadora a xornalista Beatriz Trapote. Manuel Sangil quixo deixar claro tamén que a resposta da xente está a ser moi boa. “A maioría dos veciños están ilusionados porque son actos que estamos recuperando. A repercusión que tiñan as festas en Sarria do San Xoán, que eran un referente en toda a provincia, estaba deteriorada; sen embargo agora, co novo cartel e co empuxe que lle vai a dar esta nova asociación, creo que vamos a recuperar o que sempre foron as festas, un refente a nivel provincial en Lugo”.

Destacar finalmente, que para a financiación deste evento tamén está previsto que colaboren o comercio local, empresas e deamais colectivos. “Xa o dixen antes, é un cartel moi ambicioso así que agardamos a implicación por parte de todos os sectores”, conclui Sangil.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Formación Internet para maiores e manexo do correo electrónico en Sarria

Seguinte Nova

En marcha as Escolas Deportivas de Chantada con actividades para todas as idades

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: