Teatro para toda as idades na programación do último semestre en Monforte

As obras para adultos terán lugar os mércores ás oito e cuarto da tarde e para infantil e familiar os domingos ás seis, no multiusos

A concelleira de Cultura de Monforte, Pilar López, ven de presentar a programación teatral para o último trimestre do ano; organizada en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios á que únicamente pertence o Concello de Monforte, en toda a zona sur de Lugo. Pilar López explicou que “dende o Concello consideramos que o teatro é cultura, pero tamén espectáculo en directo, e por suposto o refelxo da realidade. Ademais, son obras que invitan á reflexión e ao fomento da imaxinación. Por todo isto fixemos un importante esforzo económico e organizativo para seguir mantendo estas representacións e divulgar a cultura”. No programa teatral distínguense dous grupos de obras: unha para adultos e outra para infantil e ámbito familiar.

Pilar López, na presentación da programación teatral. EC

As obras para adultos terán lugar os mércores ás oito e cuarto da tarde no edificio multiusos, mentres que a programación infantil desenvolverase os domingos ás seis da tarde no mesmo lugar. Neste último caso preténdese “facilitar a convivencia e o lecer en familia a través da cultura”. En canto á programación para adultos, esta comezará o día 5 de outubro coa obra “Viva a Crise” da compañía Fulano, Mengano e Citano; e xa logo continuará o 19 de outubro coa obra “American café” da compañía Teatro do Morcego; o día 16 de novembro coa obra “Memorias das memorias dun neno labrego” de Abrapalabra Creacións Escénicas; o 30 de novembro con “Limpeza de sangue” de Espello Cóncavo; e rematará o 14 de decembro co espectácuo de maxia do Mago Rafa, “El arte de lo imposible”. Para os nenos dará comezo o 9 de outubro coa obra “Cinderela Mix”, de Artello teatro, e continuará o 30 de outubro con “Ringo rango” de Pistacatro Produtora de Soños; o 13 de novembro coa obra “Trogloditas” da compañía Tanxarina; para rematar o 27 de novembro coa obra “Frankenstein” de Ghazafelhos.

O prezo das entradas é de 4 euros en xeral, e de dous euros para nenos, estudantes, xubilados e desempregados. Dende o Concello, Pilar López animou a todos os veciños, e ao resto da comarca, a participar da actividade cultural, “que habitualmente soe ter moi boa acollida”. As obras están financiadas ao 50% polo AGADIC (só o caché), e o 50% o Concello.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Campaña de afiliación do PP en Monforte

Seguinte Nova

Formación Internet para maiores e manexo do correo electrónico en Sarria

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss