Vendima e regularización dos Viñedos na Ribeira Sacra

Transporte de uvas en barca nos viñedos máis próximos ao río. CRDORS.

Máis de 4,2 millóns de quilos de uva son o balance do recollido ata o 28 de setembro na Ribeira Sacra, segundo os datos do Consello Regulador. A variedade preferente, o mencía conta xa con 3.552.138 quilos dentro das adegas, das que 39 xa pecharon a campaña, mentres permanecen en actividade de recollida outras 53 e unha aínda non comezou estes traballos. E todos estes traballos forn dados a coñecer por parte do Consello Regulador, presidido por José Manuel Rodríguez, a un grupo de finlandeses pertencentes a un clube do viño de Toijala interesados en coñecer establecementos asociados á Ruta do Viño da Ribeira Sacra. A delegación finlandesa visitou 3 adegas de distintas subzonas da D.O. Os finlandeses pareceron quedar, segundo informaron dende o C.R.D.O.R.S. “impresionados polo tipo de paisaxe que ofrece a viticultura nesta Denominación e pola calidade e orixinalidade dos viños”. Pero a vendima está a desenvolverse non exenta dunha certa polémica que as organizacións agrarias trasladaron nos pasados días aos medios de comunicación. Unións Agrarias, o Sindicato Labrego e Xóvenes Agricultores denunciaban nos pasados días que o Consello Regulador estea a permitir que se leve a cabo o proceso de regularización dos viñedos en plena vendima coa conseguinte revisión de parcelas e produción.

“Caos”, según os representantes sindicais agrarios

Este feito, no seu criterio, está a facer que sexa un caos a campaña, xa que moitos viticultores teñen que dar de baixa parte da superficie e da producción en plena campaña, entre outras cousas. Ademais, indicaron, “é moi probable que algúns dos viticultores estean a rexistar xa unha cantidade maior de uva da que deberan legalmente por descoñecemento e poden verse obrigados a pagar sancións con posterioridade. As tres organizacións agrarias con representación na zona sur de Lugo están a estudar a legalidade do procedemento de regularización nestes termos e non descartan emprender accións contra o Consello Regulador no caso de que se demostre que non se está a acometer baixo os parámetros axeitados.

A estas alturas son moitos os produtores que non terían coñecemento de si van ter baixas de produción por mor da regularización aínda non resolta e que non está a permitir o tempo suficiente para realizar as actualizacións do catastro ou do rexistro vitícola. Os excedentes de produción poderían supor un problema para os viticulores nos que probablemente haxa casos que descoñecen que o seu cupo é inferior a anos anteriores, segundo as organizacións agrarias.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Arranca a campaña da vacina antigripal con 141 puntos de atención en Lugo

Seguinte Nova

Actos no Día Mundial do Alzheimer

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: