A brasileira Martina Roese volta ao clube monfortino de volei

A AD A Pinguela de Monforte ven de incorporar unha nova fichaxe para afrontar con garantías a Superliga 2 de Voleibol. Trátase da xogadora brasileira Martina Roese, quen actuará como punta receptora, ou en caso de necesidade debido a lesións, en posición de líbero.

Martina Roese. ADAP

A xogadora brasileira destaca pola súa boa recepción e polas súas capacidades defensivas, así como pola rapidez e a intelixencia dos seus ataques. Como líbero foi campiona do Mundo coa selección Junior de Brasil en 2005, sendo nomeada mellor líbero do mundial. Na posición de receptora foi campiona sudamericana sub 16, e desenvolveu o resto da súa carreira deportiva en Brasil ocupando esta posición. Pese á súa xuventude (23 anos) xa disputou varias edicións da Superliga Brasileira en clubes tan importantes como Finasa, co que se proclamou subcampiona da Superliga na temporada 2007/2008, ou as dúas últimas temporadas co Volei Futuro no que rematou en quinta posición nunha das mellores ligas de voleibol do mundo. Martina Roese axudará agora a reforzar a recepción e a defensa do equipo, como xa fixo a pasada campaña, na que foi unha das xogadoras máis destacadas do equipo e unha garantía na defensa. Con Martina son xa cinco as xogadoras que se manteñen da pasada campaña, xa que ademais da brasileña, as xogadoras Rebeca Kruse, Verónica Contreras, Antía Penoucos e Nerea Novo volverán a formar parte do plantel monfortino.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O torneo de golf Sierra Joyeros impulsa o turismo na Ribeira Sacra traendo a 160 xogadores

Seguinte Nova

Torneo Deputación de Lugo no día da Hispanidade

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: