Aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas de Sarria 2011-2012 con 13 disciplinas

A tempada 2011-2012 das Escolas Deportivas de Sarria ven de poñerse en marcha. Todos os interesados en participar en algunha das súas disciplinas poden inscribirse dende o pasado luns acudindo á Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello ou ben chamando por teléfono ao 982.53.50.00. E entre as actividades ofertadas atópanse as de fútbol, baloncesto, ximnasia rítmica, aeróbic, tenis, fútbol sala, pádel, bailes de salón, ioga, pilates, danza moderna e ximnasia para xubilados.

Trátase dunha ampla e variada oferta para todas as idades, que comprenden horarios adaptados ás necesidades dos usuarios. Así por exemplo, en moitas das actividades establécense diferentes días e grupos para que podan participar o maior número de participantes posible. En canto a prezos, estes van dende as cuotas anuais de 100 euros para o fútbol e 50 euros anuais para o baloncesto, ata os 27 euros ao mes para a ximnasia rítima, 25 euros o tenis, 38 euros os bailes de salón, ou algunhas tamén gratuitas como por exemplo o pádel. Destaca especialmente a actividade de danza moderna, unha das máis atractivas e novidosas, destinada aos máis pequenos (de 3 a 14 anos de idade), e que se levará a cabo na Casa da Cultura os venres e sábados. Para consultar o horario detallado e o lugar de realización de cada unha das actividades, os interesados poderán consultalo tamén na páxina web do Concello.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Renovación da xunta directiva do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Ampla formación para os traballadores das escolas infantís Galiña Azul en Chantada

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: