Do 17 ao 25 de outubro terá lugar a IX Mostra de Cine de Monforte, organizada polo cineclube a Calexa

Monforte acollerá do 17 ao 25 de outubro a XI Mostra do cine de Monforte de Lemos; unha mostra organizada polo Cine Clube A Calexa en colaboración co Concello, entre outras entidades. As proxeccións terán lugar nos multicines Hollywood ás dez e media da noite, e a entrada será totalmente gratuíta. O luns 17 proxectarase ‘Una mujer, una pistola y una tienda de fideos chinos’ de Zhang Yimou; o martes 18 ‘Los chicos están bien’ de Lisa Cholodenko; o mércores 19 ‘Código Fuente’ de Duncan Jones; e o luns 24 de outubro ‘El último exorcismo’, de Daniel Stamm.

Para rematar coa Mostra, o martes 25 celebrarase, tamén nos multicines ás dez e media da noite, unha festa do audiovisual con produtoras de Monforte e a proxección de varias curtametraxes. En dita reunión estará representado Manuel Valcárcel coa súa curtametraxe ‘Fame’; Némesis Creaciones con dúas curtas: ‘Tres Cartas’ e ‘La balada del espejo’; ‘El peso del Humo’ do monfortino Héctor Diéguez; e por último un trailer de “Un Covarde”, do tamén monfortino Ivan Patiño, e a curtametraxe ‘Esliva’ de Lois Patiño.

Alfredo Vázquez, á esquerda, e Antonio Vidal, do cineclube A Calexa, acompañados de Pilar López, concelleira de Cultura. EC

Na presentación da mostra, dende a organización quixeron destacar o feito de reunir varios xéneros en catro días, como son a comedia, o terror, un thriller chino e a ciencia ficción; e o obxectivo de achegar a xente ás salas de cine. Pola súa parte, a concelleira de Cultura, Pilar López, salientou o importante esforzo económico do Concello e o esforzo organizativo da asociación para seguir levando adiante a Mostra do cine e o fomento deste tipo de actividades.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os técnicos xa avaliaron as necesidades do parque de bombeiros cara á súa integración provincial

Seguinte Nova

Pulo ao turismo termal

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss