As Escolas Deportivas Municipais de adultos do Concello de Monfrote xa iniciaron a súa actividade. Tamén principiaron as clases nas Escolas para cativos, nas categorías de Fútbol, Ximnasia Rítmica, Kung-Fu e Bádminton. E pouco despois comezaron a súa andaina as restantes Escolas para rapaces e rapazas, tales como a de Porteiros de Fútbol, a de Golf o sábado día 8 e a de Pádel o domingo día 9. O Concello organizou 11 Escolas, 7 para os máis pequenos e 3 para os adultos, rexistrándose a novidade da posta en marcha dunha Escola de Pádel para rapaces e rapazas, e dunha específica para a Terceira Idade.
As Escolas contan a día de hoxe coa participación de 270 alumnos, 156 nas Escolas para rapaces e rapazas e 114 nas dirixidas a adultos e terceira idade. En canto ás destinadas a cativos e adultos, estas tiveron unha gran acollida entre a cidadanía e houbo unha significativa ampliación da demanda, superando en 70 inscricións a cifra de matriculados en 2010.
A alta demanda nalgunhas modalidades deportivas levou ao Concello de Monforte a ampliar o número de prazas e reforzar o equipo das Escolas de Fútbol e Ioga. Non obstante, aínda hai prazas nas Escolas de Kung Fu, Bádminton, Ximnasia de Mantemento e Ximnasia para a Terceira Idade. Dende o Concello quixeron destacar que as Escolas Deportivas Municipais incrementan a súa oferta ano tras ano, un esforzo da área municipal de deportes que se ve recompensado coa magnífica resposta da cidadanía participando cada vez en maior número nas actividades.