Informática básica en Sarria dentro do Plan de Inclusión Social

Quince participantes no II Plan Galego de Inclusión Social (II PGIS) da Consellería de Traballo e Benestar asisten estes días en Sarria a un curso de informática básica. O obxectivo do curso, de 20 horas de duración, é favorecer a inserción laboral dos asistentes a través da mellora das súas competencias cara ao mercado de traballo. As sesións impártense na aula de informática da Casa da Cultura de Sarria en horario de mañá.

MELLORA DO PERFIL PERSOAL E PROFESIONAL

O II Plan Galego de Inclusión Social desenvolve distintos tipos de accións dirixidas a mellorar o perfil persoal e profesional dos asistentes e, polo tanto, as súas opcións de acceder a un posto de traballo. Así, os técnicos do plan deseñan para cada un dos participantes un itinerario de inserción sociolaboral, un percorrido coas distintas accións nas que poden participar, como formación en competencias persoais ou en búsqueda de emprego, prácticas en empresas ou cursos de diverso contido. O II Plan Galego de Inclusión Social 2007-2013 está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e pola Xunta de Galicia e é xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O turismo xerou emprego en Galicia no mes de agosto

Seguinte Nova

Presentación da nova marca “Ternera Gallega Suprema-Carne de Rubia Gallega”

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: