A asociación Albores está a levar a cabo nestes días unha gran variedade de actividades nas localidades de Monforte e Chantada con motivo da celebración do día da Saúde Mental.
Próximas actividades
Videoforum, charlas, contacontos e outras moitas iniciativas están a servir para que o colectivo de enfermos mentais e familiares siga a traballar contra o estigma social existente asociado a este tipo de trastornos. Este venres 14 de outubro terá lugar no pub Besto Bravo de Chantada un concerto benéfico en favor da Asociación Albores, será a parir da media noite e a entrada ten un prezo de dous euros. Ademais, a partires do 24 de outubro, a Casa da Cultura de Monforte será sede da exposición de artigos elaborados durante todo o ano polos usuarios de Albores. Estes artigos tamén se porán á venta.