Os corredores do Clube Ciclista Chantadino cerraron a tempada 2011 con dous cuartos postos nas carreiras de Porriño e Ourense. Deste xeito, o corredor José Ramón Caamaño conqueriu o cuarto posto na carreira celebrada no Porriño, nun circuito moi técnico. O deportista chantadino desenvolveuse moi ben en dita proba. Pola súa parte, Carlos Caamaño fíxose co sétimo posto. Despois desta competición a seguinte cita foi en Ourense para disputar a última proba do ano sobre un circuito de 6 km, ao cal deron dez voltas. Neste caso, o corredor Carlos Caamaño conseguiu o cuarto posto e David Burgo o quinto. Rematada a tempada, agora toca descansar e recuperar forzas para a vindeira tempada 2012, na que o clube xa está a traballar para poder seguir adiante con este proxecto.
