No campo de golf OCA Augas Santas Balneario & Golf Resort de Pantón disputouse hai uns días o primeiro Torneo Sierra Joyeros, patrocinado pola prestixiosa xoiería ourensana, onde se entregaron diferentes premios.
Pola súa parte, a proba quedou dividida en dúas categorías de xogo. O gañador absoluto na primeira categoría, neste caso gañadora, foi a xogadora de Augas Santas, Fátima Franco, que con 38 puntos relegou ao segundo posto ao xogador de A Rúa, Jorge Sixto, e ao terceiro posto ao xogador de Villa de Madrid, Andrés Ylla, ambos con 37 puntos. Na segunda categoría o vencedor foi o xogador do Barbanza Golf, Omar Suárez con 39 puntos, seguido do local José E. Blanco con 38 puntos, e da xogadora do Aeroclub de Santiago, Victoria Martínez con 37 puntos. O vencedor Scratch da competición foi unha vez máis o monfortino Manuel Hernández, cun resultado de 69 golpes (1 baixo par do campo). O premio para o mellor xogador senior foi para o xogador de Verín, Cándido López, sendo a mellor dama a xogadora do Aeroclub de Vigo, Amalia López-Boado.
Unha vez rematada a competición procedeuse á entrega de premios e sorteo de regalos nas terrazas do Hotel Balneario, onde o xerente de Sierra Joyeros, Gaspar Sierra, e o xerente de Augas Santas Golf, Rafael Sáen-Díez, ante o éxito de convocatoria, prometeron continuar coa segunda edición do torneo Cómpre destacar que durante a fin de semana de torneo foi difícil conseguir aloxamento tanto no balneario de Pantón como no resto de casas de turismo rural da zona, xa que os xogadores de golf e as súas familias aumentaron o número de visitantes e de ocupación na Ribeira Sacra; un factor que contribuiu tamén ao impulso turístico desta zona.