Preto dun cento de estudantes dos centros educativos de A Pinguela e Río Cabe de Monforte saíron á rúa hai uns días para protestar polos recortes en educación e defender así a ensinanza pública. Os manifestantes realizaron un percorrido polas rúas máis céntricas da cidade, cunha concentración simbólica na Praza de España, e rematando no Campo de San Antonio frente ao edificio do Concello. Precisamente, o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, acompañado dalgúns concelleiros saiu ao balcón do Concello para escoitar as súas protestas.