Os técnicos xa avaliaron as necesidades do parque de bombeiros cara á súa integración provincial

O seguinte paso será determinar a cantidade económica que precisa

Técnicos da Deputación e da Xunta visitaron o pasado luns o parque de bombeiros das Lamas, en Monforte, iniciando deste xeito, a integración deste complexo no Consorcio Provincial. Na visita, avaliaronse as necesidades técnicas que presenta esta infraestrutura para a prestación dun servizo axeitado. Agora, tendo en conta os informe dos técnicos, determinarase a cuantificación económica que deberá percibir o complexo das Lamas. Esta será detallada no orzamento para 2012 do Consorcio que se aprobará este mesmo mes, no próximo Pleno de dito organismo. A continuación, co obxectivo de axilizar a integración do parque monfortino prevista para 2012, a Deputación requerirá ao Concello de Monforte a transferencia de bens e toda a información necesaria do complexo. Logo, o organismo provincial dará orde á empresa adxudicataria, Natutecnia -a mesma que xestiona os parques da zona sur- para que comece co proceso de selección dos 19 efectivos que terá o parque: 15 bombeiros, 1 sarxento e 3 cabos.

Técnicos da Deputación e da Xunta na súa visita ás instalacións do parque de bombeiros monfortino esta semana. G.DP

A integración do parque das Lamas no Consorcio incrementará a cobertura contraincendios nos municipios de Monforte de Lemos, Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas do Sil e Sober, garantindo a prestación as 24 horas durante todo o ano. Estes veciños xa contan co servizo dende a posta en marcha dos parques de bombeiros de Chantada e Sarria. Ditas instalacións atenderon un total de 55 emerxencias, na súa maioría incendios, dende o 1 de maio e ata o 30 de setembro, acontecidas en numerosos concellos da comarca e arredores.

Opinan os bombeiros

Dositeo Piñeiro é un dos profesionais con máis de vinte anos de experiencia no parque de bombeiros de Monforte. Na súa opinión, que este servizo pase a integrarse no Consorcio Provincial, “traerá cousas positivas e outras non tan positivas”. “Baixo o meu punto de vista pode ser que os beneficios da integración redunden en que haberá máis medios e máis persoal, pero aínda así tamén teño que dicir que ata o de agora prestamos un servizo eficaz. Pola outra parte, o que lle vexo de negativo, e do que ninguén está a falar, é que un servizo que constitucionalmente se prestaba de xeito gratuito, a partir de agora será privado e polo tanto terano que pagar os veciños, os afectados polos incencios, comunidades veciñais, etc. Creo que en si, ao Concello de Monforte, ao que é o propio Concello, non o vai a beneficiar en nada, posto que coa integración, os servizos teranos que pagar os veciños. Fálase por exemplo de que contaremos con máis medios, e iso está ben, e máis persoal, peron ningúen fala sobre o custe que a xestión privada vai acarrear aos cidadáns. Tampouco sabemos moi ben cales serán as nosas funcións a partir de agora, non están ainda definidas. E o mesmo ocorre cos catro funcionarios interinos que xa non continuarán”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Monforte estudará a implantación dun sistema ORA na cidade se os comerciantes así o solicitan

Seguinte Nova

Do 17 ao 25 de outubro terá lugar a IX Mostra de Cine de Monforte, organizada polo cineclube a Calexa

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss