Presentación da nova marca “Ternera Gallega Suprema-Carne de Rubia Gallega”

A provincia de Lugo conta co maior peso na produción do sector gandeiro en Galicia, en particular neste selo de calidade

A nova marca é o resultado da alianza entre o selo Ternera Gallega e a Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega

A comezos de outubro tivo lugar a presentación da nova marca de calidade “Ternera Gallega Suprema-Carne de Rubia Gallega”, froito da alianza entre a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega e a Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega (ACRUGA). Na prática, esta fusión culmina coa comercialización de carne procedente dos tenreiros de raza rubia galega, criados nas explotacións tradicionais de acordo co establecido no regulamento da IXP.

Presentación da nova marca de calidade cos representantes institucionais. GPMD

Peso produtivo na provincia de Lugo

Na presentación do novo selo de calidade participaron o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, o presidente de Ternera Gallega, Jesús González Vázquez, e o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin. Na súa intervención, Juárez salientou a evolución favorable e sostida no mercado deste selo de calidade que, según o responsable de Medio Rural, segue a abrir mercados e que cada día se fornece no consumo familiar. Xa en relación co ámbito produtivo, Samuel Juárez resaltou o compromiso da Consellería co sector de vacún de carne, mediante o pagamento de axudas que xestiona o seu departamento a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga). Precisamente sobre estas axudas, cabe sinalar tres liñas principais ás que pode acceder o sector de vacún de carne en Galicia, como son as primeiras incorporacións de mozos; os plans de mellora e as axudas por vacas nutrices. No terreo produtivo, a provincia de Lugo ten o maior peso no sector gandeiro en Galicia a nivel xeral e en Ternera Gallega, en particular. No tocante a este selo de calidade, este aporta o 63% dos tenreiros rexistrados e o 57% das canais certificadas. Ademais, na provincia de Lugo están rexistradas un total de 16.497 explotacións, de carne e leite, con 327.705 animais. Particularmente, a comarca da Terra Chá conta co 24% das explotacións totais da provincia, seguida pola de Lugo, que representa un 15,2%.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Informática básica en Sarria dentro do Plan de Inclusión Social

Seguinte Nova

Castañazo Rock: Chantada prepárase para recibir ao rock en estado puro

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: