Juan Carlos Armesto, tenente de alcalde do Concello de O Saviñao, seguirá catro anos máis como presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. A renovación da xunta directiva levouse a cabo hai uns días nese mesmo concello, nunha reunión na que Armesto contou cun respaldo unánime para continuar ao frente da entidade, e tamén para que esta continúe en Escairón. Así mesmo, o vicepresidente do Consorcio seguirá sendo o alcalde de Nogueira de Ramuín, que tralas eleccións do pasado mes de maio é César Parente.





