Ribeira Sacra vendima 7 millóns de quilos

A vendima na D.O. Ribeira Sacra deuse por finalizada logo da fin de semana do 8 e 9 de outubro. O pasado domingo 9 de outubro tíñanse recollido 6.997.057 quilos de uva. Finalizaron a campaña 91 adegas e unicamente 3 adegas permanecían abertas con esa data A campaña deste ano abríase oficialmente o 15 de setembro, o pasado ano facíao unha semana despois, o 22 de setembro e terminaba o 17 de outubro.

Comparativa co 2010

A campaña pasada deixábanos 5.614.092 quilos de uva recollidos, a maioría Mencía con 4.929.032 quilos, seguida da Garnacha Tintorera con máis de 335.000 quilos e o Godello con máis de 185.000 quilos. Este ano, segundo os datos oficiais do Consello Regulador, os viticultores levan recollido máis quilos de Mencía que o total de quilos de todas as variedades o ano pasado, así nesta vendima recolléronse ata o momento, 5.983.382 quilos de Mencía, seguida da Garnacha Tintorera con 564.468 quilos e o Godello 223.901. Os parámetros de calidade da uva foron bos durante toda a campaña e o balance moi positivo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Chantada solicita ao ICO preto de 270.000 euros para pagar débedas a proveedores

Seguinte Nova

OPINIÓN: 10 de octubre, Día Mundial da Saúde Mental. «Afronta el reto: colabora con la Salud Mental”, por Asociación Albores

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: