Os membros do Consello Económico e Social reuníronse cos voceiros dos grupos políticos municipais nunha sesión extraordinaria que se celebrou o pasado luns día 10, coa intención de que as tres forzas políticas con representación municipal chegaran a un consenso sobre cuestións básicas para o progreso de Monforte. Sen embargo, a sesión extraordinaria do CES non logrou o resultado agardado por empresarios e sindicatos, non chegando así a ningún acordo sobre puntos básicos para o desenvolvemento da cidade.