Actividades para dinamizar as parroquias

O concello de Bóveda organiza unha programación sociocultural dirixida a todas as franxas de idade, e que implique en maior medida aos veciños

O Concello de Bóveda ten preparada unha programación sociocultural para o curso 2011-2012 destinada a todas as idades, “pero sobre todo pensando na dinamización das parroquias”. Así o explicou a concelleira de Cultura durante a presentación da mesma, onde tamén sinalou que para isto será necesaria a colaboración dos veciños. “Fixemos un boletín informativo que enviamos a todas as casas. A partir de agora, sempre que haxa un mínimo de veciños que queiran levar a cabo unha actividade na súa parroquia, dende o Concello facilitaremos todos os medios posibles para que esta se realice”. En canto ás franxas de idade, a técnico de Cultura, Angelina Gándara, explicou que o programa comprende actividades para “todas as franxas de idade: nenos, xuventude, persoas adultas e maiores”. Neste senso, para nenos destacan algunhas iniciativas como son a práctica de determinados deportes, baile tradicional, iniciación á música, informática, inglés e por suposto a ludoteca. Para xuventude, as actividades abarcan dende a fotografía dixital ata un obradoio de orientación laboral, pasando por inglés, banda de gaitas ou pandeireta. Pola súa parte, para persoas adultas e maiores o programa sociocultural comprende actividades como informática, cesteiría, pintura ao óleo, restauración de mobles, manualidades, arte floral e ximnasia de mantemento en parroquias. A maiores de todo isto, outra das novidades deste ano é o programa Medrando Xuntos, que consiste nunha serie de charlas de interese educativo e de carácter xeral, que pretenden ser unha escola para pais. Entre os temas a tratar neste programa atópanse algúns como a seguridade e os riscos en internet, a prevención de drogodependencias e hábitos saudables, ou a importancia do xogo, o xoguete e de como mercalos.

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, quixo destacar tamén que dende o Concello -e dentro das súas posibilidades- están abertos a facer calquer tipo de actividade ou curso que propoñan os veciños. Dentro da programación sociocultural inclúense actividades gratuitas e outras cuxos prezos oscilan entre os 5 euros todo o curso, e os 54 euros mensuais, como é o caso de inglés. Os interesados en participar nalgunha destas actividades poderán realizar a incrición no Concello, en horario de nove da mañá a unha e media do mediodía.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Como mellorar unha explotación gandeira

Seguinte Nova

Actividades diarias e para todos os públicos en Sober

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss