Chantada ensalza os produtos da comunidade

O Concello de Chantada acollerá durante os meses de outubro e novembro unhas xornadas técnicas e de promoción, encamiñadas ao coñecemento dos produtos agroalimentarios de calidade de Galicia, e á consecución da formación axeitada para o aproveitamento e optimización dos recursos naturais do municipio. Xóvenes Agricultores-Asaja Galicia organiza este evento en colaboración coa Consellería do Medio Rural e o Concello de Chantada.

PROMOCIÓNS E CATAS

O programa inclúe a Promoción e Cata de Queixos D.O. Galegas os días 25, 26 e 27 de outubro no telecentro de Chantada; a Promoción e Cata de Mel I.X.P. Mel de Galicia o venres 28 de outubro ás oito e cuarto da tarde tamén no telecentro; unha Xornada de Agricultura Ecolóxica o día 3 de novembro ás oito e cuarto da tarde na sala de actos de Xóvenes Agricultores, en Chantada; e tamén unhas Xornadas de Viticultura-Enoloxía os días 7, 8 e 9 de novembro nas que se tratarán temas como a elaboración de viños ou a revisión de sistemas de poda para o control de producción. Estas xornadas levaranse a cabo na sala de actos da organización agraria ás oito e cuarto da tarde. A maiores de todo isto, os días 10, 11, 14, 15 e 16 de novembro celebrarase a Promoción e Cata de Viños das Denominacións de Orixe Galegas (Ribeira Sacra, Valdeorras, Monterrei, Ribeiro, Rías Baixas). Terán lugar tamén no telecentro da localidade ás oito e cuarto da noite. E xa por último, dende o día 17 ao 21 de novembro desenvolveranse as XVI Xornadas Micolóxicas; unha serie de cursos de iniciación á micoloxía con saídas prácticas a distintos hábitats micolóxicos, e cociña de setas. Todos os interesados en participar nas xornadas técnicas e de promoción deste 2011 en Chantada poderán facer a inscrición previa para cada unha das actividades nas oficinas de Xóvenes Agricultores.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Vivendas de promoción pública en Monforte e Chantada

Seguinte Nova

Como mellorar unha explotación gandeira

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss