Como mellorar unha explotación gandeira

A gandería Quintián, no Páramo, exemplo de diversificación produtiva

O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, visitou hai uns días a gandería Quintián, situada no concello lucense do Páramo. Trátase dunha gandería cuxa singularidade reside na súa diversificación produtiva, comercializando directamente unha parte do seu leite. A sociedade está composta por dous titulares, destacando o feito de que un dos socios deixou o medio urbano para traballar no rural, nesta explotación. Ademais, esta explotación participa no programa de consumo de leite entre os escolares, unha iniciativa da UE xestionada pola Consellería do Medio Rural, que supón unha importante contribución do sector agrario á educación e sensibilización sobre a nutrición e os valores do consumo de lácteos nos máis novos. Compre lembrar que a gandería Quintián contou nos últimos anos co apoio de Medio Rural en distintas iniciativas da explotación, que supuxeron varios investimentos á hora de incrementar a súa viabilidade.

Un momento da visita do conselleiro de Medio Rural á explotación do Páramo. CMR

Axudas e investimentos

Nesta visita, na que o conselleiro estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o director xeral de Produción Agropecuaria, José Álvarez Robledo, entre outras autoridades, Samuel Juárez salientou o valor dos investimentos en plans de mellora e para primeiras instalacións agrarias, que buscan fomentar a incorporación de agricultores mozos e que son executadas pola Consellería a través do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia, cofinanciado co fondo europeo FEADER. No que vai de ano, a Consellería do Medio Rural efectuou pagos en apoio a primeiras instalacións agrarias, destinadas á incorporación de agricultores mozos, así como á realización de plans de mellora, por un importe superior aos 31 millóns de euros, e ten en marcha a aprobación doutros 15 millóns para os novos proxectos presentados no 2011. O obxectivo da liña de apoio a primeiras instalacións, a través da medida de incorporación de agricultores mozos, é o de contribuír ao relevo xeracional facilitando o acceso á titularidade das explotacións agrarias de persoas máis xoves e formadas. Pola súa banda, as axudas á modernización das explotacións agrarias permiten mellorar a súa estrutura produtiva. Nesta visita ao Páramo, Juárez avanzou que o seu departamento ten previsto facer unha nova convocatoria nos vindeiros meses, aos efectos de continuar coa reestruturación e rexuvenecemento das explotacións, primando a implantación de praderías e peches. Neste marco, o conselleiro reiterou o compromiso da consellería do Medio Rural cos sectores gandeiros, tanto de carne como de leite, nos investimentos necesarios para garantir a súa competitividade.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada ensalza os produtos da comunidade

Seguinte Nova

Actividades para dinamizar as parroquias

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss