Magosto e pancetada para os veciños de Pantón

Ademais desta cita o sábado 5 de novembro, o Concello prepara unha saída micolóxica e uha nova ruta de sendeirismo

Os veciños do Concello de Pantón xa se atopan tamén metidos de cheo no Outono Cultural. De feito, no programa de actividades organizado polo Concello co patrocinio da Deputación de Lugo, producíronse algúns cambios debido á proximidade de datas coa celebración das vindeiras eleccións xerais o 20 de novembro. Así por exemplo, as obras de teatro terán lugar os domingos ás seis da tarde. A próxima en representarse será As Alegres Comadres de Windsor o día 6 de novembro a cargo da compañía Achádego Teatro. Xa o 27 de novembro, o grupo Pinchacarneiro de Lugo, representa O médico a paus. E por último, o 4 de decembro o grupo de teatro de PRODEME de Monforte porá en escena A Tita Rufa.

MAGOSTO POPULAR

Por outra banda, o día 5 celebrarase o magosto-pancetada popular, tal e como se ven desenvolvendo todos os anos, e que terá lugar no pavillón polideportivo ás seis da tarde. Asimesmo, haberá baile ao remate da comida. Segundo informou o técnico de animación sociocultural de Pantón, nos vindeiros días tamén está pendente unha saída micolóxica da que se avisará con suficiente antelación. “O tempo estivo algo revolto, e como consecuencia ainda temos que agardar para ir a recoller cogomelos”.

ACTIVIDADES PARA TODOS OS PÚBLICOS

En canto ao resto de actividades, neste momento no concello de Pantón tamén está a funcionar o grupo de aeróbic e ximanasia de mantemento os martes e xoves de sete da tarde a dez da noite. Unha actividade na que houbo que ampliar o horario debido á ampla demanda por parte dos veciños. De igual xeito, vaise a comezar cunha serie de cursos de actividades intelectuais, sobre todo para xente maior, para que dalgunha forma traballen e exerciten a memoria. E tamén se está programando unha nova ruta de sendeirismo que está pendente do tramo e do tempo que poida facer. Finanlmente, dende o Concello lembraron que xa está en marcha a escola de música todos os luns, cun grupo de 5 a 7 anos e outro de 7 a 13 anos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Teatro, obradoiros e magosto para este outono en A Pobra do Brollón

Seguinte Nova

A fervenza de Augas Caídas en Pantón, punto de interese para crear emprego

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: