Novo curso na Escola de Música de Brollón

Na actualidade conta con 85 alumnos e sete disciplinas

En A Pobra do Brollón tamén está en marcha un novo curso da Escola de Música. Dita Escola comezou a funcionar no curso 2008-2009. Neste intre a matrícula supera os 80 alumnos de todas as idades; exactamente conta con 85 matriculados dende os catro anos ata xubilados. En canto ás materias, impártense as disciplinas de acordeón, gaita, percusión tradicional galega, piano, linguaxe musical e música e movemento para nenos, canto coral e baile tradicional galego. Asimesmo, conta con cinco docentes.

Pola súa parte, os alumnos da Escola participan todos os anos nos festivais das Letras Galegas e no seu festival de fin de curso, ademáis doutras actuacións en distintas festas do concello. E é que nestes tres anos, nenos da Escola participaron no festival de musica infantil de Sarria ou no programa da TVG A solaina. Ademais, o coro participou no programa Luar da TVG e no festival de corais A cereixeira en Coruña. No ano 2010 os alumnos participaron nunha grabación de estudio da que naceu o primeiro disco da Escola de Música. Cómpre sinalar tamén que a maiores, no centro organízanse actividades complementarias como son un curso de fabricación de instrumentos tradicionais, xuntanzas-concerto de alumnos, etc.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Formación en A Pobra do Brollón

Seguinte Nova

Teatro, obradoiros e magosto para este outono en A Pobra do Brollón

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss