Teatro, obradoiros e magosto para este outono en A Pobra do Brollón

A programación sociocultural inclúe tamén unha exposición fotográfica

Ao igual que está a ocorrer en moitos dos concellos da comarca e arredores, en A Pobra do Brollón xa teñen en marcha algunhas das actividades culturais para este outono-inverno. Así por exemplo, este sábado día 29 haberá teatro na Casa da Cultura ás seis e media da tarde. Mentres tanto, o luns 31 terá lugar unha exposición fotográfica, que segundo explicou o concelleiro de Cultura, Ricardo Rodicio, “é dun rapaz daquí, de Pradelas”. “Ademais, a exposición está organizada polos mesmos que organizan o Outono Fotográfico en Ourense”, engadiu. É de destacar especialmente o magosto, que a falla de concretar ainda algúns detalles e definir o programa concreto dese día, o responsable de Cultura sinalou que se celebrará o vindeiro 12 de novembro.

BOA ACOLLIDA DOS OBRADOIROS

A maiores das citas típicas destas datas, a programación sociocultural de Brollón inclúe unha serie de obradoiros de ximnasia e de memoria, que dende comezos do mes de outubro se están a levar a cabo polas distintas parroquias do municipio. En relación a isto, Ricardo Rodicio quixo destacar a boa acollida que están a ter ditos obradoiros. “Lévanse a cabo de xeito continuo; comezando por exemplo ás dez da mañá nunha parroquia e rotando ata pasar por diferentes lugares. Ademais, están tendo moi boa aceptación por parte dos veciños, xa que nalgún caso os obradoiros contan con grupos de dez e doce persoas. É máis, aquí mesmo, en Brollón o grupo é de 20 persoas”. Ditos obradoiros están impartidos por técnicos especializados e realízanse dous días á semana. Por outra banda, todos os xoves na Casa da Cultura tamén se imparte un taller de manualidades. Dende a Concellería de Cultura sinalaron finalmente que a todo isto sumaranse unha serie de actividades que en breve agaradan poder poñer en marcha.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novo curso na Escola de Música de Brollón

Seguinte Nova

Magosto e pancetada para os veciños de Pantón

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: