O sorteo de oito vivendas de promoción pública na zona vella de Monforte deixou seis vivendas vacantes ao non haber demandantes inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia. Agora, a Xunta de Galicia volverá a sortear estas seis vivendas unha vez se rexistren máis interesados nas mesmas. As vivendas pendentes de adxudicación, que están emprazadas no edificio coñecido como Hotel Comercio, rehabilitado recentemente; adxudicaranse a demandantes menores de 35 anos. Pola súa parte, no concello de Chantada tamén se sortearon oito vivendas. Todas as listas pódense consultar na web do IGVS ou nos respectivos concellos nos que están ubicadas.





