15-M reclama en Monforte unha sociedade máis xusta

Defínense como “xente normal e corrente do Val de Lemos e arredores”, e reclaman para eles e para as xeracións futuras “poidamos vivir dignamente e felices”. Reclaman cambios locais, pero tamén globais, “porque este mundo inxusto non se sostén nin desde o punto de vista social nin medioambiental”. De aí que o pasado sábado 15 de outubro, e xunto con milleiros de persoas en todo o mundo, saíron ás rúas de Monforte “a berrar ao mundo, dende este recanto, as nosas propostas de cambio. “Xentes de todo o mundo, dende New York a Buenos Aires, dende Sâo Paulo ao barrio monfortino da Estación, dende Ribasaltas a Liverpool”, insisten no carácter pacífico das súas manifestacións, “sen siglas, sen símbolos preestablecidos, sen bandeiras”.

Un momento da manifestación convocada polo movemento 15-M en Monforte. EC

CRÍTICA A UN SISTEMA QUE XENERA “FAME, MISERIA E DESHUMANIZACIÓN”

No manifesto que deron a coñecer os participantes na manifestación convocada polo movemento 15-M en Monforte, advirten da desigualdade que supón que “un 1% da Humanidade actúe en perxuizo do 99% restante, cun modelo político, económico e social que xenera fame, miseria, deterioro da educación e da sanidade, deshumanización e destrución medioambiental”. Reclaman que as persoas son “suxeitos de soberanía polo mero feito de nacer”, independentemente do seu grao de riqueza ou privilexios. Esta soberanía da persoa exprésana e reclámana a través dunha serie de enunciados, onde perfilan aspectos de carácter global e outros máis locais.

REIVINDICACIÓNS LOCAIS PARA O VAL DE LEMOS

Entre as reclamacións máis aplicables ao Val de Lemos, o movemento 15-M esixe que a economía debe estar ao servizo das persoas e do planeta, impulsando por exemplo a “economía verde”, de xeito que nesta zona revirtan na cidadanía “os beneficios da explotación hidroeléctrica dos nosos ríos e se empreguen para o desenvolvemento autoxerado desta comarca”. No eido da política, os denominados “indignados” reclaman a participación dos cidadáns nas decisións municipais a través de “Consellos Parroquiais ou de Barrio”, da regulación da participación das persoas nos Plenos e de presupostos participativos e consultas cidadás”. En canto ás reivindicacións sociais, o movemento 15-M de Monforte esixe facilidade para a rehabilitación e aluguer das vivendas abandonadas. En canto á recuperación do medio rural, reclaman o fomento de redes de comercio local, con feiras locais, para fomentar a produción agrícola e o consumo de produtos da zona; a recuperación dos saberes agrícolas tradicionais; a posta en marcha do regadío, eliminando as súas excesivas taxas, e de obradoiros de asesoramento para emprendedores no rural. Asimesmo, defenden unha área sanitaria integrada para o sur de Lugo, e a mellora da calidade da atención sanitaria na zona, así como a recuperación das prazas de médicos rurais eliminadas. Esixen máis liñas de buses e trens, así como un carril-bici e un sistema de aluguer de bicicletas, e a supresión das Deputacións e da mancomunidade de servizos entre concellos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

CreArte impulsará a risoterapia no mes de novembro en Sarria

Seguinte Nova

Melloras nas vías provinciais por valor de 1,6 millóns de euros

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: