Deportes variados para todas as idades, teatro, música e lectura son as aspostas culturais do Concello de Sober para os vindeiros meses
O Concello de Sober presentou hai uns días a programación cultural e deportiva para este outuno inverno 2011-2012. En canto ao ámbito deportivo destacan especialmente dúas novidades, que son as actividades de ping-pong, xadrez, tenis e baloncesto; e tamén os xogos de cartas e dominó. Pola súa parte, o ximnasio municipal xa ten abertas as súas portas dende o pasado 18 de outubro, e funciona en horario de mañá e de tarde, de martes a venres. Ademais, o uso das instalacións é gratuito. Outras das actividades que tamén se van levar a cabo son a escola de fútbol sala, charlas-coloquios sobre deporte e saúde, o IV Torneo de Fútbol 7 alevín “Por Terras do Amandi”, e viaxes-excursións a eventos deportivos de interese. A maiores, os veciños de Sober contarán con aeróbic, danza do ventre e unha escola de kárate e defensa persoal. Asimesmo, co obxectivo de chegar ao maior número posible de lugares, dende o Concello impartiranse clases de ximansia de mantemento en distintas parroquias. Estas terán lugar os martes e xoves en Sober, os mércores en Doade, Bolmente e Anllo San Esteban, os xoves en Arxemil, e os venres en Villaoscura. Todos os que estén interesados en participar ou en recibir máis información poderán facelo nas oficinas do Concello ou a través dos teléfonos 677.422.529 e 982.460.001.
Pola súa parte, en canto ás actividades culturais, estas deron comezo cunha obra de teatro e un obradoiro de orientación laboral no mes de outubro. Para o mes de novembro está prevista unha nova obra de teatro o día 5 ás seis e media da tarde no salón de actos do centro sociocultural do Concello; así como un pequeno concerto de acordeón ese mesmo día ás oito da tarde. Xa o venres día 11 celebrarase o magosto popular, mentres que o xoves día 10 e o sábado 12 terán lugar unhas xornadas micolóxicas. Para a segunda quincena de novembro está prevista unha excursión a Ourense. Por último, no mes de decembro terá lugar un novo concerto con un cuarteto de frautas Musor o sábado día 3, o festival de Nadal coa Escola Municipal de Música o sábado 17, e o pregón de Nadal e a inauguración do Belén o domingo 18. A maiores de todo isto, desenvolveranse unha serie de actividades semanais, tales como un obradoiro de memoria para adultos, obradoiros para nenos, o club de lectura e “Merendas con Contos” para todas as idades.