As infraestruturas, principal investimento da Xunta no sur lucense para 2012

O pasado 20 de outubro, a conselleira de Facenda, Marta Fernández Curras, presentou o proxecto de Lei de Orzamentos de Galicia para 2012, destacando na súa presentación que a Xunta está a manter “a aposta polo equilibrio do territorio priorizando o gasto por habitante nas provincias de Lugo e Ourense”. Neste sentido, a titular de Facenda precisou que a suma dos investimentos da administración xeral e dos entes dependentes supón que o gasto por habitante para o vindeiro ano será de 926 euros na provincia de Lugo e de 838 na de Ourense, mentres que á de Pontevedra se destinará 639 euros por habitante e á de A Coruña 623.

A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, e a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, durante a presentación dos orzamentos para 2012. CF.

“OS ORZAMENTOS MÁIS SOCIAIS DA HISTORIA DA AUTONOMÍA”, SEGÚN FERNÁNDEZ CURRÁS

Na súa intervención tras entregar o proxecto de Lei de Orzamentos para 2012 no Parlamento, Fernández Currás calificou a estes orzamentos como “os máis sociais da historia da Autonomía, cun 76% do gasto destinado a sanidade, educación e servizos sociais, co que gañan 7,7 puntos de peso no que vai de lexislatura”. Ademáis, a titular de Facenda estimou que, segundo estes orzamentos, “Galicia poderá medrar un 1,1% o ano que ven, unha décima por enriba do estimado para España”. Fernández Currás destacou que as prioridades das contas autonómicas serán as de “continuar na senda da recuperación económica, a solvencia da Facenda autonómica e o mantemento das políticas do Estado de Benestar”.

CRÍTICA AO GOBERNO CENTRAL

A conselleira de Facenda reiterou que o goberno autonómico “actúa con prudencia e responsabilidade e aporta certezas” aprobando os orzamentos para 2012 “a pesar da irresponsabilidade do Goberno central ao non prorrogar nin aprobar contas e tampouco concretar cifras ás autonomías”. Nese sentido, Fernández Currás subliñou que Galicia está a aportar solvencia ao conxunto de España, por ser a autonomía “máis cumpridora e esixente” co proceso de consolidación fiscal.

INFRAESTRUTURAS: A GRAN INVERSIÓN AUTONÓMICA PARA O SUR DE LUGO

No detalle das inversións reais para o ano 2012, os orzamentos da Xunta para o sur de Lugo concéntranse nas infraestruturas, integradas no programa de investimentos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. En concreto, a vía de alta capacidade Sarria-Monforte conta cunha partida de 14.832.859 euros, o importe máis abultado das partidas destinadas a esta zona. Pola súa parte, o Porto Seco de Monforte acada unha partida de 2.895.740 euros para rematar as obras de urbanización da 1ªfase. En canto aos accesos á plataforma loxística, destínanse 130.648 euros á conexión coa LU-546, 63.948 euros ás obras do enlace coa N-120 e 724.323 euros destinados ás expropiacións dos terreos para dito enlace. Ademais destas partidas, a Xunta de Galicia destina para 2012 un total de 1,2 millóns de euros para a nova potabilizadora de auga de Monforte, e medio millón de euros a través de Augas de Galicia para promover melloras hidráulicas en Sarria. Por outra banda, a Consellería de Medio Ambiente destinará 103.962 euros para proxectos de rexeneración urbana en Pantón, e Cultura e Turismo aportarán 176.430 euros para novas infraestructuras turísticas en Sober.

“SUR DE LUGO, ESPAZO PREFERENTE PARA A XUNTA”

En relación cos orzamentos autonómicos para 2012, o deputado do PPdeG Dámaso López destacou que “dende a chegada do PP á Xunta permitiu recuperar o Porto Seco de Monforte”, ao que calificou de “proxecto esquecido polo bipartito”. Asimesmo, Dámaso López subliñou a “grande importancia” da vía de alta capacidade Sarria-Monforte para o desenvolvemento económico e a xeración de emprego no sur de Lugo, e insistiu na “aposta decidida” do executivo presidido por Alberto Núñez Feijóo polo reequilibrio territorial, sendo a zona sur de Lugo “un dos espacios de interés preferente para a Xunta”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O ministro de Fomento asina en Monforte o compromiso de financiamento da ponte da Aceña Nova

Seguinte Nova

XXV aniversario do Hospital Comarcal de Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

CENTRO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Publicidade O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual
Ir aInicio

Don't Miss