CreArte impulsará a risoterapia no mes de novembro en Sarria

Nestes días a asociación Crearte de Sarria porá en marcha o curso de risoterapia que se desenolverá os sábados 12, 19 e 26 de novembro de 10.30 a 13.30 horas nas instalacións de La Unión . O curso será impartido por Pilar Lorenzo, de Risa Activa. O prezo para os socios do colectivo Crearte é de 45euros, e para os non socios de 75 euros.

Segundo quixeron salientar dende a asociación sarriana “o optimismo e bo humor axúdannos a saír adiante, a resolver mellor os nosos problemas e a diminuír o sufrimento”.Esta actividade permite, por outra parte, coñecer as pautas mentais que potencian a saúde emocional e experimentar a risa endóxena que favorece a flexibilidade e creatividade mental. A risoterapia, ademáis, ensina a modificar patróns automáticos negativos e integrar un ton alegre e positivo na vida diaria.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria prima as novas tecnoloxías na programación cultural

Seguinte Nova

15-M reclama en Monforte unha sociedade máis xusta

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: