Curso en Quiroga sobre os Bonsais

José Antonio Peña Alonso, técnico monfortino en Bonsais impartirá un curso sobre estas pequenas plantas o vindeiro 12 de novembro na Casa da Cultura do concello de Quiroga. Segundo el mesmo explicou, trátase de dar a coñecer e achegar un pouco máis este mundo a todos aqueles que estén interesados sexan ou non profesionais. “Todo está relacionado co Grupo de afeccionados do bonsai Val de Lemos formado hai uns anos, e co que tratamos de promocionar o mundo do bonsai a través dos colaboradores deste grupo; cada un coas súas pezas”, explicou José Antonio. Ademais do curso de Quiroga, o vindeiro 3 de decembro tamén se impartirá outro no concello de Sarria. O cursos son gratuitos e están abertos a todo o público en xeral. “Estamos comezando a temporada, así que a maiores deste que impartiremos por primeira vez en Quiroga, e o de Sarria, de aquí ao mes de maio temos previsto facer algúns tamén en Sober, en Pantón, e probablemente outro na tenda que teño en Monforte, en Jama”. O técnico monfortino apuntou tamén que en xeral a experiencia de impartir este tipo de cursos sempre foi positiva. “Por desgraza participa menos xente da que nós desexariamos; soen ser grupos de 15 persoas, 20 nalgún caso, e que cando ao mellor ven o traballo que dan estas plantras renuncian a seguir. Pero bueno, sempre é interesante e moi gratificante amosarlle á xente o que facemos”. Peña tamén destacou que o que pretenden dende este grupo é ofrecer o mundo dos bonsais á xente para que deixen de velo como un regalo. “O que queremos é que a xente aprecie todo o que se pode facer con estas pezas, como se poden ir modelando, construindo, ata facelas únicas e singulares e non só un mero regalo”. Pola súa parte, no curso de Quiroga tratarase en principio un pouco a historia dos bonsais, tamén as técnicas de cultivo e mantemento, e logo haberá unha parte práctica para entrar en materia vendo como se transforma unha planta de viveiro en bonsai. Cómpre destacar que cultivar e manter un bonsai tamén ten un prezo. José Antonio sinalou que o custe medio pode andar entre os 50 e os 60 euros, “pero por suposto as plantas que nós remodelamos non valen 50 euros porque entendemos que non sería axeitado para o curso”, concluíu.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

VII Certame de Relato Curto de Quiroga

Seguinte Nova

Todo listo para a inauguración do Museo Xeolóxico de Quiroga

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss