Goberno local, oposción, comerciantes…, nos últimos días a implantación do sistema ORA na cidade de Monforte suscitou certa polémica. Os comerciantes xa mencionaron o tema en máis dunha ocasión, mentres que dende o Concello manifestaron a súa disposción a estudar o tema en caso dunha petición formal por parte do colectivo. Dende este medio saímos á rúa para preguntarlle aos veciños de Monforte que lle parecería a posibilidade de que se implantase este sistema.
OS CIDADÁNS OPINAN
Antonio Martínez- Marino Mercante
Na miña opinión non vexo tanta polémica. Apárcase bastante ben, polo menos eu cada vez que veño sempre atopo sitio. Creo que a implantación do sistema ORA sería máis ben con afán recaudatorio, non para liberar espazos ou que se moveran os coches.
Implantar o sistema ORA en Monforte a min non me parece ben. O que deberían facer é crear máis prazas de aparcamento, porque no seu día quitaron moitas. Fixeron unhas beirarrúas moi anchas e non creo que sexa necesario facelas tan grandes. Iso mermou o número de prazas.
Pois como todo entendo que terá a súa parte positiva e a súa parte negativa. Positiva, que se moverían máis as prazas e que unha praza tería mais urusarios ao longo do día, e ao mellor axudaría a cambiar os malos hábitos de ir co coche a todos os sitios, desconxestionando tamén o centro do pobo. Negativa, pois loxicamente que habería que pagar por aparcar e que nas zonas nas que se implantase, sobre todo os residentes, teríano complicado.