Proxecto ABALAR: o modelo de aprendizaxe do futuro

O Proxecto ABALAR, que substancia a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia é unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería de Educación dende o pasado ano 2010. Plantexado como un dos programas máis ambiciosos do Goberno galego nesta lexislatura, ABALAR está a supor un cambio no modelo de ensinanza-aprendizaxe, coa conversión dos colexios e institutos galegos en Centros Educativos Dixitais (CED). Na nosa zona, a totalidade dos centros de secundaria teñen implantado o programa dende o pasado curso. Para achegarnos á realidade desta iniciativa visitamos un dos centros da zona nos que xa está implantado o proxecto para 1º de ESO e pretende levarse a cabo nestes meses para 2º.

A aula de 1º de ESO do IES A Pinguela co material coa pizarra dixital. EC

WIFI, PIZARRA DIXITAL E PROXECTOR PARA UN MAIOR APROVEITAMENTO DAS CLASES

Dende a dirección do IES A Pinguela de Monforte, Enrique Sampil valora moi positivamente a incorporación das novas tecnoloxías ás aulas. Grazas ao Abalar é posible contar con Wifi, pizarra dixital e proxector para a aula, algo que “é unha ferramenta moi importante á hora de abordar unha materia, aínda que dende fóra poda verse como algo superfluo”, comenta Sampil. Polo momento, o material só existe nunha única aula piloto e estase a implantar noutra de 2º de ESO, pero trátase do inicio dunha tendencia de futuro que permite novas formas de aprendizaxe que botan man das novas tecnoloxías. Facer soar as notas dun pentagrama cada vez que se colocan na pizarra dixital, observar todos os puntos de vista dunha obra de arte a través dunha lámina, facer operacións matemáticas son tan só algúns pequenos exemplos de todas as posibilidades que permite a modernización tecnolóxica das aulas. Cada disciplina ou materia pode contar co seu software e os docentes poden elaborar os seus propios contidos, algo que se vai executando de xeito progresivo e que require da vontade da comunidade educativa, tal e como apunta Elisa Ferreiro, coordinadora do proxecto en A Pinguela.

Elisa Ferreiro, coordinadora do proxecto Abalar neste centro de ensino de Monforte. EC

UN MINIORDENADOR PORTÁTIL POR ALUMNO

Ademáis do acceso a internet e as pizarras dixitais, cada alumno dispón dun mini ordenador portátil na aula e existe tamén unha plataforma de comunicación e datos na que os propios pais poden tomar contacto cos profesores, algo para o que é moi importante o aspecto formativo que tamén contempla o Abalar. As posibilidades son infinitas e cada alumno ten asignado sempre o mesmo ordenador, un pequeno equipo que non sae da aula e que permitirá pouco a pouco que todas as materias tiren das novas tecnoloxías, con recursos como a Intranet da que dispoñen os rapaces para acceder máis rapidamente ao material que se deposita na rede á súa disposición.

Os alumnos nun momento das sesión do proxecto Abalar, cos seus miniordenadores portátiles. EC

“ÉXITO ABSOLUTO”DAS POSIBILIDADES DO ABALAR NOS VINDEIROS ANOS

Elisa Ferreiro califica de “moi ambicioso” este proxecto, a pesar de que recoñece que os investimentos que está a levar a cabo a Xunta son moi altos, o que fai que se teña que implantar dun xeito progresivo. Por outro lado considera que contribúe a asentar a dinámica de traballar coas tecnoloxías por parte de todos os docentes, e augúralle un éxito absoluto na medida en que a comunidade educativa se comprometa a seguir traballando nel.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Implantación do sistema ORA na cidade de Monforte: os cidadáns opinan

Seguinte Nova

O ministro de Fomento asina en Monforte o compromiso de financiamento da ponte da Aceña Nova

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss