Sarria prima as novas tecnoloxías na programación cultural

As actividades ocupacionais e culturais para o inverno dan de todo un pouco e para todos os públicos é o que ofreceran este outono e inverno os obradoiros ocupacionais e culturais que fomentará o Concello. Dende o pasado 10 de outubro permanece aberto o prazo de inscricións e dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil darase toda a información relacionada co conxunto de actividades.

Novas tecnoloxías

A aula da rede Cémit continuará a fomentar o achegamento ás novas tecnoloxías a través de distintas iniciativas relacionadas coa informática, pero tamén con outras aplicacións en sectores e actividades concretas que poden completar a formación de traballadores e estudantes. A rede Cémit ten enfocada toda a súa actividade á cidadanía en xeral, os profesionais das TIC, as empresas, as micropemes e autónomos e ás asociacións e empregados públicos. Toda a oferta que parte desta infraestrutura pode consultarse na web. O próximo curso será en dúas tandas, do 24 ao 27 de outubro e do 31 de outubro ao 3 de novembro respectivamente, e está enfocado á aprendizaxe na creación de webs para dispositivos móbiles. Neste obradoiro terase en conta o deseño efectivo diferenciando por exemplo os principais dispositivos , iPhone, Android e RIM Blackberry. E a informática pura, pero orientada a diversos sectores concretos completa este tipo de actividades, con diversos cursos e quendas, dende agora e deica o mes de marzo. Para os máis pequenos e tamén para adultos, haberá cursos de informática básica, e para os que xa están iniciados na materia tamén se impartirán clases de perfeccionamento. A mecanografía e as nocións sobre internet e correo electrónico serán outras das actividades que conforman a nova tempada.

Obradoiros

Aínda non ben despedidos do verán, o Nadal vense enriba, por isto se está a preparar o obradoiro de elaboración de agasallos con material de refugallo, outra actividade de balde que terá lugar na Casa da Cultura, será do 23 de decembro ao 4 de xaneiro. Tamén se aprenderán poderán aprender outro tipo de traballos manuais clásicos como o bordado, corte e confección xunto coa calceta e o ganchillo, estas actividades teñen un reducido custe por curso. Infantil Para os máis pequenos ofértanse tamén clases de apoio á materia de matemáticas a través dunha forma máis entretida e divertida de aprendelas. Tamén haberá, en máis dun centro educativo, clases de inglés enfocadas aos nenos.

Arte

A iniciación á pintura ao óleo tamén estará presente dentro deste programa de iniciativas formativas e culturais dirixidas aos sarrianos. As clases terán lugar, para nenos e adultos na Casa da Cultura dende o mes de outubro e ata maio. Servizo de conciliación da vida laboral e familiar As actividades relacionadas con este servizo funcionarán de luns a venres nas primeiras horas da mañanciña na Escola de Educación Infantil e no colexio Fray Luis de Granada. Todas estas iniciativas están promovidas dende a Concellería de Cultura e contan co apoio da Consellaría de Educación e da área de Cultura da Deputación de Lugo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Todo listo para a inauguración do Museo Xeolóxico de Quiroga

Seguinte Nova

CreArte impulsará a risoterapia no mes de novembro en Sarria

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss