XXV aniversario do Hospital Comarcal de Monforte

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, visitou o pasado venres 21 de outubro o Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, para presidir os actos conmemorativos organizados para celebrar o XXV aniversario da posta en marcha deste centro hospitalario da área sanitaria sur da provincia de Lugo.

MÁIS DE 5.000 NACEMENTOS NO HOSPITAL

Durante a súa estadía en Monforte, Farjas lembrou a importancia que este hospital tivo, e ten, para o desenvolvemento económico da zona sur da provincia. Non en balde, este centro conta con preto de 500 traballadores, ademais dos empregos indirectos. Nestes 25 anos de funcionamento, no hospital rexistráronse máis de 100.000 ingresos, atendéronse máis de 400.000 urxencias, realizáronse máis de 1.600.000 consultas externas, leváronse a cabo 70.000 operacións cirúrxicas, e atendéronse máis de 5.000 nacementos.

6.000 MULLERES BENEFICIARANSE DO PROGRAMA DE CRIBADO DE CANCRO DE MAMA EN MONFORTE

Por outra banda, a conselleira de Sanidade ratificou a decidida aposta do seu departamento para facer posible a potenciación do Hospital de Monforte, “dotándoo dunha maior capacidade resolutiva, de total autonomía, e posibilitando a ampliación da súa carteira de servizos”. Finalmente, Farjas Abadía agradeceu o traballo desenvolvido ao longo destes 25 anos por todos os profesionais que pasaron por este centro, xa que “eles fixeron posible que o Hospital de Monforte sexa hoxe un dos referentes máis importantes da comarca”; e anunciou que o hospital comarcal terá o ano que ven unha unidade fixa para o programa de cribado de cancro de mama. Nesta unidade, segundo ela mesma explicou, “atenderanse a 6.000 mulleres que por encima dos 45 anos son beneficiadas por un programa que tan bos resultados está a ter en redución de mortes e diagnóstico precoz da enfermidade”. A posta en marcha desta unidade fixa en Monforte está prevista para o primeiro semestre do ano 2012.

Durante a súa visita ao hospital de Monforte, a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, tivo tempo de saudar aos traballadores do centro. EC
A conselleira de Sanidade estivo acompañada da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e do director xerente do centro, Benigno Pérez. EC
Despois de percorrer as instalacións tivo lugar unha entrega de premios aos pequenos que participaron no concurso de redacción e debuxo “Que é un Hospital para min”. EC
Tamén se fixo entrega dun agasallo ao primeiro bebé nado neste hospital: Pablo Santomé, que na actualidade ten 25 anos. EC
A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, nun momento da súa intervención nos actos de celebración do XXV aniversario do Hospital Comarcal de Monforte. EC
Diversas autoridades provinciais e locais, durante a intervención de Pilar Farjas. EC.
Un grupo de veciños do Saviñao protestan polos recurtes de consultas médicas durante a visita da conselleira de Sanidade a Monforte. EC
Membros da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte protestan durante a visita da conselleira de Sanidade ao Hospital de Monforte. EC

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As infraestruturas, principal investimento da Xunta no sur lucense para 2012

Seguinte Nova

Carta Abierta a la Conselleira de Sanidade, por Plataforma en Defensa da Sanidade Pública (PLADESAPU) da comarca de Lemos

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: